Site icon Crónica3.com A Mariña

Animado sábado para a base laranxa, con Autonómica cadete e infantil en derbi ante o Azkar

A base burelista vivirá unha animada mañá do sábado con dobre emoción de derbi, en Autonómica Cadete e Infantil, que recibirán o Azkar Lugo na segunda xornada, ás 12.00 e 13.30 horas respectivamente (Vista Alegre).

Xa na xornada dominical, en Liga Nacional, o conxunto xuvenil desprazarase á pista do Esteo FS (12.00 horas), tamén na segunda cita da tempada. Pola tarde, Lourenzá será o escenario dos amigables laranxas, con catro encontros, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Liga Nacional Xuvenil
O Esteo FS-Burela FS
Domingo 13 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal das Pontes

Liga Autonómica Cadete
Burela FS-Azkar Lugo FS
Sábado 12 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil
Burela FS-Azkar Lugo FS
Sábado 12 de outubro, ás 13.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

AMIGABLES
ED Lourenzá Alevín-ED Burela FS Alevín
Domingo 13 de outubro, ás 17.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá

ED Lourenzá Benxamín-ED Burela FS Benxamín
Domingo 13 de outubro, ás 18.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá

ED Lourenzá Infantil-ED Burela FS Infantil B
Domingo 13 de outubro, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá

ED Lourenzá Cadete-Burela FS Cadete B
Domingo 13 de outubro, ás 20.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá

Exit mobile version