A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá. Na nosa comarca, a marcha celebrarase este xoves 17 de outubro ás 10:00 horas con saída dende a fábrica de Muebles Hermida no Polígono Industrial de Lourenza até a Praza do Concello de Mondoñedo. Hora estimada de chegada 12:30 horas.