Site icon Crónica3.com A Mariña

Marrube, de CxG, fai pública unha sentenza do Tribunal Constitucional que revolucionará a política municipal

O Hotel Méndez Nuñez de Lugo acolleu este venres unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Política Municipal da organización galeguista, Iván Marrube, e o Secretario Xeral da formación, Xoán Bascuas, onde se deu a coñecer a sentenza do Tribunal Constitucional do 26 de setembro de 2013, publicada no BOE antonte mesmo,23-10-2013, no que recoñece o dereito de todo cidadán e de toda cidadá a acudir ás Xuntas de Goberno Local, excluídas as grandes cidades.

Segundo Iván Marrube, a citada sentenza “supón a maior medida en haras da transparencia nos concellos dende fai moitos anos””coñecendo como funcionan a maioría de alcaldes, dudo que acepten cumplir a lei” asenteza permite o acceso público ás Xunta de Goberno Local, “a todas aquelas nas que se traten asuntos delegados polo Pleno”, de igual modo que se esixe que se publiciten “datas, horarios e contidos das mesmas”. O tamén Secretario de Política Municipal apunta que Compromiso presentará unha moción nos concellos para que os equipos de goberno “asuman de forma inmediata a sentenza do Tribunal Constitucional de 26 de setembro de 2013, e que se publicite do debido xeito por parte do Concello as datas e horarios, así como as ordes do día para posibilitar o cumprimento da mesma”, e que así a sociedade poida exercer o dereito cidadán que ten de presenzar as Xuntas de Goberno.”Esta sentencia, da cal ninguna organización se fixo eco agás CxG, suporá unha autentica revolución de cara a transparencia e funcionamento dos concellos”.

Pola súa banda, o Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, asegura que a súa organización estará “vixiante” no cumprimento desta sentenza, e que ten moito que ver coa liña “de claridade, transparencia e responsabilidade” das Administracións Públicas e dos seus gobernantes, e de “participación, control e fiscalización” do conxunto da cidadanía. O líder galeguista insiste en que “o procedemento habitual nalgúns concellos, sobre todos nos que hai maioría de goberno, é o de máxima delegación posible nas comisións de goberno no primeiro pleno da lexislatura”, polo que “existe moi materia de interese cidadá nesas xuntanzas ”. Bascuas cre que é preciso controlar cales son as competencias delegadas xa que a sentenza afecta en exclusiva ás xuntas nas que se traten eses asuntos, e indica en que Compromiso por Galicia defenderá “acabar cunha política local excesivamente oscurantista para abrir de par en par as fiestras dos concellos”.

Exit mobile version