Site icon Crónica3.com A Mariña

Modesto Díaz agradece á comisión das San Lucas e os empregados municipais o seu traballo e esforzo polo bo desenvolvemento das festas mindonienses

Mondoñedo, 21 de outubro de 2013. O tenente de Alcalde de Mondoñedo e concelleiro de Servizos Modesto Díaz García agradece o traballo desenrolado, tanto pola Comisión de Festas das San Lucas, como por tódolos empregados municipais e Protección Civil, o bo traballo desenrolado ao longo destes días nas festas mindonienses. “Síntome moi orgulloso de todos eles”, dixo.

“En primeiro lugar quero dar as gracias sinceramente ao Concello de Barreiros, xa que unha vez mais deixounos o palco para poder desenrolar diversas actividades”, sinalou Díaz García.

Tamén subliñou a boa disposición do Concello de Vilalba para compartir os servizos da súa policía Municipal nestas festas. “Tanto a policía municipal de Vilalba como a de Mondoñedo fixeron un traballo exemplar nas San Lucas”.

Por ultimo criticou a pouca colaboración doutros concellos da Mariña “a veces pedímonos axudas entre os concellos, para desenrolar festas ou eventos importantes, e uns responden e outros non; por iso quero facer un chamamento a tódolos concellos para que entendan que solo a unión de todos nos poderá facer medrar, máis e mellor”. E nese senso reclamou “deixar de lado os intereses partidarios e preocuparse un pouco mais dos intereses de todos e do ben común”, resumiu.

Exit mobile version