Site icon Crónica3.com A Mariña

Mofa e Befa abren as XIV Xornadas de Teatro de Burela

photoO Colectivo Cultural Buril organiza as XIV Xornadas de Teatro, que terán lugar en Burela, do 3 ao 6 de outubro. Estas Xornadas foron organizadas polo Buril entre os anos 1986 e 1998, chegando a ser un dos referentes no panorama teatral galego do momento. Despois de varios anos de interrupción, as Xornadas eran recuperadas o ano pasado, coa vontade de dar continuidade a unha das actividades do colectivo que contaron con maior resposta de público en Burela; ademais de pretender cubrir un baleiro na programación cultural. Este ano increméntase nun día a súa programación que comeza este xoves 3 de outubro da man de Mofa e Befa con ‘SEMPRE AO LONXE ou a decadencia étnica’ a partir das 21.30 horas no auditorio municipal. As entradas terán un prezo de entre os 3 e 6 €, sendo gratuítas para socios e socias do Buril e menores de 14 anos. O sábado haberá unha sesión teatral infantil para nenos e nenas de 4 a 12 anos con entrada de balde.

Exit mobile version