Site icon Crónica3.com A Mariña

Monitor de tempo libre e manipulador de alimentos

A aula universitaria de Foz acollerá un curso de monitor de tempo libre entre o 4 de novembro e o 21 de decembro cun total de 350 horas lectivas. A evaluación será continua e personalizada, tendo en conta a asistencia ás clases e as actitudes cos compañeiros. Ao longo do curso entregarase material aos alumnos que servirá de apoio didáctico e que complementará os contidos na aula. A matrícula ten un prezo de 300 euros, 290 para alumn@s da UNED ou desempregad@s. Os interesados poden inscribirse a través da web. Ademais, será preciso presentar o xustificante de pago na conta 2080 5152 58 3040026385, de Nova Galicia Banco, na Secretaría da Aula, por FAX ao 982 132 839 ou por e-mail (escaneado) a foz@lugo.uned.es. A formulación da matrícula tamén require unha foto tamaño carnet, copia do DNI (é preciso ser maior de 18 anos) e da titulación académica (mínimo Graduado Escolar).

Exit mobile version