Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Montaditos de la muerte’ polo Samaín no Vila do Val

O hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro ofrecerá durante toda a fin de semana ‘Montaditos de la muerte’ para celebrar o Samaín. A oferta está composta por tortilla española; especial Samaín (cabaza e zorza); ovos revoltos con xamón e pesto; polo en salsa de améndoas; queixo philadelphia, champiñóns e pesto; morcilla de Burgos con ovo frito; e vexetal con ovo. O prezo de cada montadito será de 2 euros. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, sinala que “queremos celebrar o Samaín dalgunha forma especial, de aí que pensaramos en ofrecer montaditos. Ademais é unha proposta que nos funcionou noutras épocas do ano e por iso decidimos darlle continuidade. Animamos a todos a que se acheguen a Ferreira a disfrutar das nosas preparacións, tanto dos montaditos, coma dos pratos da nosa carta”.

Exit mobile version