Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad de Burela celebra o seu primeiro aniversario cunha cea-baile no Hotel Nordés

O Hotel Nordés acolle o vindeiro sábado 9 de novembro a cea baile coa que a Asociación de Mulleres en Igualade de Burela conmemora o seu primeiro aniversario.

O evento terá lugar nos salóns do Hotel Nordés ás 10 da noite, e convídase a participar non só ás persoas vinculadas á asociación, senón tamén a tódolos veciños de Burela e de toda a Mariña.

As persoas que queiran asistir poden reservar e recoller a súa entrada no local da asociación ou no propio Hotel Nordés. O prezo da entrada é de 25 euros por persoa. O prazo para as reservas finaliza o xoves 7 de novembro.

Recollida de alimentos para o Nadal
Asimesmo, a asociación está a recoller alimentos típicos de Nadal para poder repartir nesas datas entre as persoas máis necesitadas. Os asistentes á cea baile poden aproveitar para entregar alimentos ese mesmo día, co que se tratará de axudar á xente máis necesitada a pasar unhas mellores festas de Nadal.

Exit mobile version