Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e teatro en Barreiros

281013 Foto teatro BarreirosDucias de persoas disfrutaron esta fin de semana en Barreiros das actividades que se celebraron no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O sábado, a música foi a protagonista coa a actuación de Brigantia (bandurria, guitarra e recitador poético). Dito concerto enmarcouse dentro da programación Cultura no Camiño 2013 da Xunta. E este domingo o grupo de teatro A Adala puxo en escena a obra Atoados. A representación foi organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través do proxecto Buxiganga. O público asistente gozou con ambas propostas.

Exit mobile version