Site icon Crónica3.com A Mariña

Noite de Samaín en Mondoñedo da man de O Pasatempo

Para celebrar unha das noites máis especiais do ano dende a Asociación Cultural o Pasatempo organizamos unhas serie de actividades para nenos e maiores este xoves día 31 de outubro.

A partir das 6 da tarde comezarán as actividades para os nenos e nenas que queiran acudir no local da asociación na Casa da Cultura de Mondoñedo.

En colaboración coa Asociación Xuvenil Xoldra disfrazarase ós rapaces que logo percorrerán as rúas da cidade mindoniense co xogo “Truco ou Trato”. A partir das 7:30 comezarase co reparto de castañas asadas para os máis pequenos.

Os maiores poderán degustalas castañas asadas tamén a partir das 8 da tarde no mesmo local da Casa da Cultura, onde para amenizar ós asistentes se proxectará un documental con algúns vídeos antigos sobre Mondoñedo.

O fin de festa será no bar O Porriño, xa que cando remate o reparto de castañas haberá alí concurso de decoración de cabazas, máis castañas e viño e música. Ás 12 da noite haberá unha queimada para recibir ó Día de Tódolos Santos.

Tódalas actividades son gratuítas e de libre asistencia.

Exit mobile version