Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova visita guiada á Basílica de San Martiño este sábado 2 de novembro

Foz, 31 de outubro de 2013. Nesta ponte festiva de Todos os Santos volven as visitas guiadas á Basílica de San Martiño, que organizan a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e o Concello para potenciar o patrimonio cultural do municipio.

Segundo lembran desde a directiva de ACIA Foz “todas aquelas persoas que durante estes días fixeron as súas compras nos establecementos asociados obtiveron tickets para participar na visita guiada que terá lugar o sábado, 2 de novembro. A viaxe farase en autobús, tal e como xa ocorreu na ponte do Pilar en outubro. A saída farase ás 11:30 da mañá desde a praia da Rapadoira, pasando ás 11:40 polas inmediacións da Casa do Concello. E a volta desta interesante viaxe para promocionar o patrimonio cultural de Foz será ás 13 horas”. Esta será a segunda visita guiada á Basílica de San Martiño. A última que se realizará este ano será o 7 de decembro. Concello e ACIA estudarán manter esta iniciativa durante o vindeiro verán.

Por outra banda, a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos apoia a inclusión de San Martiño coma variante do trazado do Camiño Norte, debido á importancia que tivo a Basílica, que foi sede episcopal e chegou a ter ata 15 bispos. Ademais existiu na zona un hospital de peregrinos, feito que acredita que os viaxeiros pasaban por aquí rumbo a Santiago de Compostela.

Exit mobile version