Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo curso de iniciación á informática na aula CeMIT de Burela

Burela, 5 de outubro de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.

O vindeiro luns, 7 de outubro,comezará un curso de Iniciación á informática na Aula CeMIT de Burela. Con esta actividade axudarase aos asistentes a dar os seus primeiros pasos no amplo mundo da informática. Aprenderán a usar o rato e o teclado, a crear, renomear e eliminar cartafois e arquivos, entre outras moitas cousas. Este curso impartirase de 10 a 11 horas e finalizará o 18 do mesmo mes.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Desde a Concellería de Educación lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da Internet da aula, en horario de mañá de 12:30 a 14:00 e polas tardes de 18 1 19:30 horas.

Exit mobile version