Site icon Crónica3.com A Mariña

O 2 de novembro terá lugar o Congreso de Novas Xeracións da provincia de Lugo

comité organizadorLugo 7 de outubro de 2013.- A xunta directiva provincial de Novas Xeracións de Lugo acordou convocar o seu sétimo congreso provincial. Será o vindeiro sábado, 2 de novembro. Así o aprobaron os mozos da formación política durante a xuntanza que mantiveron na sede do Partido Popular de Lugo.

Durante a reunión, acordouse o Comité Organizador do Congreso (COC), que estará presidido polo presidente das mocidades do PP en Mondoñedo, Alberto García.

O COC intégrase cunha secretaria que recae na máxima responsable da formación en Quiroga e edil do PP local, Rosa Arza. Pablo Flórez, Goretti Díaz e José Taboada, nos cargos vogais, completan o comité que terá a responsabilidade de deseñar o cronograma para a celebración do que será o sétimo congreso de Novas Xeracións da provincia de Lugo.

A partir deste luns ábrese o prazo para a presentación de tódolos candidatos que teñan a pretensión de presidir a formación vinculada aos populares.

Exit mobile version