Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao alcalde de Muras de saquear as arcas municipais cobrando dietas desproporcionadas e indecentes nun contexto de crise coma o actual

A Mariña, 19 de outubro de 2013. O BNG da Mariña denuncia o cobro abusivo de dietas por parte do alcalde de Muras, Issam Algnam Azzam, sen que estas conten coa fiscalización adecuada por parte dos servizo de Secretaria e Intervención municipal. denuncian que a pesar de contar cunha dedicación exclusiva de 55.000 euros anuais ,3.300 euros mensuais, chega a pasar dietas que acaban sumando 2.000 euros bimensuais que son abonadas polas arcas municipais sen control nin fiscalización, chegando incluso a pasar gastos por asistencia a actos partidistas como o enterro de Manuel Fraga ou a toma de posesión do actual Pte. da Xunta, o Sr. Feijoo. Para os nacionalistas estamos diante dun claro exemplo de aproveitamento en beneficio propio do cargo da alcaldía e saqueo ás arcas municipais do que achegan varios exemplos:

Cobro de dieta de 302,5 euros logo dunha visita a Santiago de Compostela á Presidenta do Parlamento o 26 de maio de 2012, a mesma consta de ; unha dieta por manutención de 170,35 euros logo de comer no Restaurante de Pedro Roca (cando a dieta por manutención simple son 50 euros) e 132 euros por kilometraxe. (Sen facturas que a xustifiquen ou non presentadas ao BNG)

Cobro de dieta de 232 euros por invitación a toma posesión Presidente da Xunta o 1 de decembro de 2012, sumando 132 euros por kilometraxe e 100 euros por manutención simple. (Sen facturas que a xustifiquen, ou polo menos non presentadas ao BNG)

Cobro de dieta de 883,30 euros por invitación a reunión “mellora financiación municipal a través das empresas eólicas” en Madrid, viaxando o día 11 de decembro de 2012 e voltando o 12 do mesmo mes desglosado do seguinte xeito:

Kilometraxe: 560 euros, 300 euros por manutención simple, 23,30 euros peaxe.

(Sen facturas que a xustifiquen ou non presentadas ao BNG)

Cobro de dieta de 122 euros por Asistencia ao enterro de Manuel Fraga o 17 de xaneiro de 2012.

Desglosado entre (kilometraxe e dieta).

(Sen facturas que a xustifiquen ou non presentadas ao BNG)

Cobro de dieta de 282 euros por Reunión coa Consellería de Pesca e Medio Rural desglosada do seguinte xeito;

Kilómetros;132 euros, dieta manutención 50 euros e aloxamento 100 euros.

(Sen facturas que a xustifiquen ou non presentadas ao BNG)

Os nacionalistas explican que o alcalde de Muras conta con vivenda propia no Concello de Santiago polo que non procede que cobre esta dieta, agás a que cobre por durmir na súa propia casa.

No momento en que se lle pregunta á secretaria do Concello cómo se pagan algunhas destas dietas por non estar nin xustificadas, nin reunir os requisitos para o seu pago , dísenos que calquera aclaración ao respecto que se lle pida ao propio alcalde. Para o BNG estamos diante dun proceder indigno e indecente que non se axusta á legalidade xa que na maioría dos casos son cifras infladas e inxustificadas que dende os servizos de Intervención e Secretaría municipal sen aplicar a legalidade xa que a dieta por manutención simple foi aprobada pola corporación nun máximo de 50 euros.

Dende o BNG mostramos o noso rechazo a este xeito de gastar os cartos públicos, que ó único ao que beneficia é ao Alcalde e máis nun momento en que a sociedade en xeral se ve afectada por unha situación de crise sen precedentes. Os nacionalistas esixen por freo a esta sangría por decencia e ética democrática mais tamén porque mentres o alcalde leva unha vida de luxo a conta das arcas municipais, os seus veciños e veciñas sofren as carencias de servizos básicos e pagan con puntualidade as taxas e impostos municipais que o alcalde nin baixa, nin mellora co argumento de que o concello non ten cartos.

Exit mobile version