Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro presenta unha moción para que a Xunta inclúa nos orzamentos de 2014 unha partida para o SAF básico nos municipios de menos de 20.000 habitantes como é Viveiro

Viveiro, 03 de outubro de 2013. O BNG de Viveiro, presenta unha moción para o seu debate no pleno, a fin de instar á Xunta de Galiza á inclusión dunha partida económica nos orzamentos xerais para 2014 destinada a garantir o Servizo de Axuda no Fogar básico en todos os municipios de 20.000 habitantes como é o caso de Viveiro. O BNG solicítalle ao PP que aporte a mesma cantidade que no ano 2010 cando se adicaban 1.203.394,77 euros para a mesma partida.

“As políticas sociais deste goberno está converténdose en artigos de auténtico luxo, e cada vez se reducen máis as partidas para servizos sociais, o que provoca unha auténtica merma no servizo, ou directamente se eliminan partidas. Cada vez son máis as persoas que precisan dos servizos sociais, e en contraste o Partido popular reduce as axudas e aportacións para este tipo de políticas, coa escusa da crise económica, cando realmente se trata dunha cuestión de ideoloxía”

“Na Provincia de Lugo, exclúen do SAF básico a todos os concellos agás a capital da provincia, posto que ningún supera os 20000 habitantes, convertindo ás veciñas e veciños de Concellos coma o noso, en cidadáns de segunda división, que non teñen os mesmos dereitos que os da Capital Voltamos anos atrais, cando había que ir a Lugo prácticamente para todo”.

Exit mobile version