Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bordelo actúa no Pastor Díaz

O sábado 26 de outubro o grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, achegará ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro a peza ‘Fume de carozo’ a partir das 20.30 horas dentro da programación de Buxiganga 2013. A peza, para todos os públicos e representada por seis actores dirixidos por Francisco Piñeiro, quere ser unha visión cómico metafórica dese tren de vida acelerado
no que todos imos montados e que, de súpeto, descarrila deixándonos totalmente desorientados. Nin buscamos culpábeis nin atopamos solucións, pero si convidamos a unha sinxela reflexión: só o esforzo, a nosa propia unión e a nosa capacidade impedirán que os xigantes dinosauros, os poderosos manipuladores dos cartos nos traten coma simples bandadas de minúsculos mosquitos.

Exit mobile version