Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS B visita a cancha do líder

O Burela FS Pescados Rubén B disputará o venres, 1 de novembro, a sexta xornada de Terceira División, na cancha do líder, Leis Pontevedra (12.00 horas, municipal de Pontevedra).

A escuadra de Lucas chega tras impoñerse 5-2 ao Vilalba FS, na oitava praza (7 puntos). “Vamos dispostos a todo. Sabemos que non será unha tarefa doada. O rival ocupa a primeira praza merecidamente; é un dos mellores cadros da categoría. Tan só o Pazos de Borbén, que é segundo, foi capaz de arrebatarlle puntos ” explicaba o técnico mariñán, destacando a calidade e traxectoria de xogadores como Raúl Jiménez, con experiencia en Honra, e Pablo Durán, en Prata.

“Será un partido moi diferente ao da semana pasada. Co Vilalba tivemos que enfrontarnos a un rival moi pechado; en Pontevedra, esperamos un encontro moito máis aberto, de ti a ti” adiantaba Lucas, que poderá contar para esta cita con Antón Couto, despois de cumprir catro xornadas de sanción.

Exit mobile version