Site icon Crónica3.com A Mariña

O burelés Israel Arranz será o vibrafonista de Cennet Jönsson no festival Jazzatlántica

O jazzista burelés Israel Arranz será o vibrafonista do saxofonista de jazz e compositor sueco Cennet Jönsson, acompañado polo cuarteto deste último e a OSG Jazz Band (Orquesta Sinfónica de Galicia Jazz Band) no festival Jazzatlántica da Coruña. No evento, que terá lugar o martes 29 de Outubro de 2013 ás 21:00 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña, interpretarán “Rain Music”, composición con formato de suite moderna creada por Cennet Jönsson en 2004 por encargo da London Philarmonic Orchestra.

Este é un dos concertos desta segunda edición do festival de jazz coruñés, no que actuarán tamén outros grandes jazzistas de referencia mundial como Michel Camilo, Chucho Valdés, Joe Lovano, Dave Liebman ou Ravi Coltrane.

Exit mobile version