Site icon Crónica3.com A Mariña

O cantautor Andrés Suárez e o actor Carlos Blanco, nas San Lucas 2013

Mondoñedo, 10 de outubro de 2013. O Auditorio de Mondoñedo acollera dúas actuacións da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2013. O sábado día 19 actuara o compositor Andrés Suárez e domingo día 20 o actor Carlos Blanco.

As entradas para as dúas actuacións deben reservarse no telefono 608 876 123, e retirarse o mesmo día da actuación no Auditorio. Para Andrés Suárez teñen un custe de 5 euros, e para Carlos Blanco 3 euros.

Miguel Souto, Presidente da Comisión de Festas asegurou hoxe que a venda de entradas para ámbalas actuacións “estanse realizando a moi bo ritmo”, e sinalou “esperamos ter cheo absoluto nas dúas funcións”.

O cantautor ferrolán Andrés Suárez (Ferrol, 1983) actuara o sábado día 19 ás 20:00 horas no Auditorio de Mondoñedo. O compositor puxo unha mensaxe nas redes sociais lembrando esta actuación “el próximo concierto me vuelve a mi tierra, me emociona volver a cantar en MONDOÑEDO. Empecé cantando allí hará unos 8 o 9 años y hacía unos 3 que no volvía…”.
O último traballo discográfico de Suárez “Moraima” esta levando ao cantante a percorrer toda España, nunha xira repleta de éxitos. “Es el mejor disco de mi vida y me impresiona cada vez que lo escucho”, afirma rotundo Andrés Suárez. “Aún no me lo puedo creer y mi público se va a sorprender, porque se descubre algo nuevo en cada escucha”.

Moraima :“Es el nombre que le pondría a mi hijo”, dice Andrés. “Me evoca el norte, el mar, sensualidad, morriña musical… Tenía acabado el disco y me faltaba el título, normalmente es al revés, pero ahí está. Me recuerda a mi tierra”.

O compositor ferrolán Andrés Suárez colaborou con músicos coma Kepa Junquera e Marwan, ademais de compartiu escenario con Javier Ruibal, Miguel Bosé, Ana Belén e Víctor Manuel, Pedro Guerra, María del Mar Bonet, Luis Pastor, Tontxu, Luz, Javier Álvarez, Pablo Milanés…

Carlos Blanco participou en Terras de Miranda
O domingo día 20, ás 20:00 o Auditorio de Mondoñedo tamén acollera a actuación do actor, autor e director Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1959). Blanco foi locutor da Radio Galega e traballou en multitude de programas e series de televisión, sendo o de Ladislao na serie Mareas Vivas o papel que lo deu a coñecer en Galicia.

Foi finalista no Certame de Monólogos de El Club de la Comedia en 2003. Comezou no cinema da man de directores como Patricia Ferreira ou Antón Reixa, e un dos seus traballos foi unha pequena colaboración na película Volver (2006) de Pedro Almodóvar.

No seu palmares están os Premios Mestre Mateo como Mellor comunicador e tamén a Mellor interpretación masculina secundaria polo filme Heroína , entre outros.

Carlos Blanco participou na serie “Terras de Miranda” que se gravou en Mondoñedo e nos seus arredores. “Coñezo Mondoñedo e percorrín moitas parroquias cando gravei a serie e teño amigos en Zoñan”, explicou Blanco. Por eso para el esta actuación será un reencontro cos seus amigos e veciños.

Exit mobile version