Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela axeitou os accesos ao Punto Limpo onde se amorean residuos achegados fora das horas de apertura

151013 Foto punto limpo hai uns diasBurela, 15 de outubro de 2013. O Concello procedeu estes días a axeitar os accesos ao punto de limpo de Burela. Segundo explica a edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “a zona estaba moi sucia, dado que moitos veciños e veciñas acoden alí a depositar os seus residuos fora do horario de funcionamento do punto limpo e déixanos tirados na entrada a esa instalación”.

A concelleira popular pídelle á poboación colaboración para manter a zona o máis limpa posible: “queremos que se respecten os horarios de apertura do punto limpo para trasladar os residuos, e que non o fagan fora desas franxas”. Esa instalación está aberta os martes e os xoves de cinco a sete da tarde e os sábado de 10 da mañá a unha do mediodía.

Patricia López lembra que “existe a posibilidade de recollida de enseres a domicilio, chamando previamente ao punto limpo ao seguinte número de teléfono: 667 51 39 36. Os días da recollida a domicilio son os mércores. Haberá que chamar ao punto limpo para avisar e despois poderanse deixar os enseres xa o martes pola noite o lado do contedor máis próximo para a súa posterior recollida o mércores”.

Exit mobile version