Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela inviste 3.500 euros nos traballos de mantemento que se acometen estes días nas pistas de tenis

la foto 1Burela, 21 de outubro de 2013. O Concello procede estes días a realizar diversos traballos de mantemento nas pista de tenis de Burela. Os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro, visitaron as instalacións nas últimas horas acompañados polo alcalde, José Mª González Barcia, e pola edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.

Segundo explica Fernández Valle “o pintado das pistas e o resto dos traballos de mantemento son sufragados integramente polo Concello de Burela. O investimento ascende a 3.500 euros. Ditas tarefas completan as realizadas tamén polo Concello durante o ano pasado, cando canalizamos a auga perimetral, evitando así que o barro chegase ás pistas de tenis e tamén colocamos tres puntos de luz para que a instalación se puidese empregar durante o outono-inverno, período no que anoitece moi pronto. A nosa intención é colocar máis puntos de luz en breve”.

Beatriz Piñeiro lembrou que “ata o de agora nunca se realizaran labores deste tipo na pista de tenis de Burela, que se construíu no ano 2007 cun equipo de goberno do PP no Concello e na Deputación de Lugo. Durante a etapa do bipartito non se fixo nada nestas instalacións”.

O concelleiro de Obras sinalou que “unha vez que rematen estes traballos faranse unicamente os imprescindibles para manter as pistas de tenis en boas condicións para o seu uso, pero nada máis porque a situación económica é a que é e non nos permite ir máis aló”.

Exit mobile version