O rexedor anunciou que “en breve acometeremos máis actuacións nos pavillóns dos Castros e no Vista Alegre e tamén nas pistas de tenis”.
Desde o equipo de goberno amósanse satisfeitos polo traballo que están a realizar no ámbito deportivo: “imos pouco a pouco facendo cousas que son necesarias e que nos demandan os colectivos que utilizan as instalacións deportivas municipais”.