Xunto á presentación do cartel, déronse a coñecer as bases e os detalles do torneo, no que poderán participar as asociacións, clubs ou bares do municipio formando equipos de catro parellas. Ademais, cada equipo deberá ter un local asignado no que xogar as partidas.
Nesta edición, o torneo arrincará o día 5 de novembro e desenvolverase a través dun sistema de liga con enfrontamentos de ida e volta. Para poder participar é necesario inscribirse antes do 22 de outubro na Casa da Cultura de San Ciprián, no Concello ou no teléfono 686 970 388 (Félix). Ese mesmo día terá lugar unha reunión de organización á que deben acudir os participantes e na que se abordarán distintos aspectos do campionato así como o calendario de enfrontamentos.
O edil de Deportes asegura que se trata “dun campionato máis que consolidado, con case dúas décadas de tradición, e precisamente por iso agardamos que este ano se manteña nuns niveis de participación semellantes aos do ano pasado” cando se inscribiron unhas 60 persoas de sete equipos diferentes”. Ao mesmo tempo, Guillén destaca o “carácter de socialización do torneo” sen esquecer “a vertente de dinamización da hostalería xa que os equipos adoitan elixir bares e restaurantes como locais para as súas partidas”.