Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove destina 40.000 euros ás bolsas e axudas ao estudo

Na pasada Xunta de Goberno do pasado martes 1 de outubro foron aprobadas as BASES DAS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO. As modalidades aprobadas, foron:

MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación.
MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
MODALIDADE 6.- Axudas para máster

Como novidade incluída este ano temos a modalidade 6, as AXUDAS PARA MÁSTER.

As contías previstas para estas axudas son:

1.-Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

2.-Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 €

3.-Modalidade 3.- Axudas para alumnos minusválidos físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha

4.-Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00 €
b.- Primaria e ESO: 60,00 €
c.- Bacharelato: 125,00 €
d.- Ciclos formativos: 125,00 €
5.-Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €.
6.- Modalidade 6.- Axudas para máster, dotada con 500,00 €.

O presuposto que o Concello vai dedicar a esta bolsas e axudas é de 40.000 €uros.

O prazo para solicitar vai do 15 de outubro ao 20 de novembro, ámbolos dous incluídos.

Dentro dos requisitos pedidos para acceder a estas axudas, salientamos que hai que estar empadroado e con residencia efectiva cunha antiguidade mínima de 3 anos.

Estas bolsas e axudas municipais son totalmente compatibles coas becas e axudas autonómicas e do estado.

Das becas e axudas autonómicas e do estado dáse información no Centro de Información Xuvenil de Xove ubicado na OMIX.

Exit mobile version