Site icon Crónica3.com A Mariña

O concesionario Garaje San Andrés de Ribadeo ven de recibir o seu quinto premio á excelencia na atención ao cliente

garaje san andresRibadeo, 8 de outubro de 2013. – O concesionario oficial de Ford en Ribadeo, GARAJE SAN ANDRÉS, recibiu este martes de mans do Director de Vendas de Ford España, Santiago Sainz, o premio á excelencia na atención ao cliente Chairman’s Award, na súa edición 2012.

Para o concesionario GARAJE SAN ANDRÉS, este é o quinto “Chairman’s Award” que conseguen despois de logralo nos anos 1990, 1991, 1994, 2010 e 2011.

O Chairman’s Award é un galardón a nivel europeo instituido por Ford Motor Company que, na práctica, é o premio máis importante que a marca do óvalo concede á súa Rede de Concesionarios oficiais. Unha importante distinción que ten como obxectivo remarcar o interese e o compromiso de toda a rede por ofrecer un servizo de calidade, así como para premiar os esforzos da mesma na obtención da maior satisfacción e fidelización do cliente.

Santiago Sainz mostrábase especialmente satisfeito de presidir un acto no que se recoñecen os esfuerzos dos concesionarios con estes galardóns, e declaraba no momento da entrega: “Desde Ford España queremos poner en valor la importantísima labor que se lleva a cabo desde nuestra red de concesionarios. No podemos olvidar que son nuestro punto de conexión con el cliente final, así como la cara visible de la compañía. En este sentido, el equipo de Garaje San Andrés ha demostrado profesionalidad, compromiso y esfuerzo, tres cualidades que le han hecho merecedor de este premio”. Sainz transmitiu a súa felicitación ao persoal de Garaje San Andrés e dixo “debéis estar muy satisfechos y orgullosos por el logro de este quinto galardón”.

O proceso de selección baseáse na opinión dos propios clientes de Ford, quenes, a través das respostas e opinións verquidas nos cuestionarios de satisfacción da marca, actúan como único xurado e deciden qué concesionarios ofrecen o mellor servizo e, polo tanto, cáles deben ser acredores do Chairman’s Award. O que fixo destacar a Garaje San Andrés sobre o resto de concesións foi o seu exquisito trato cos clientes, que os levou a conseguir as máximas puntuacións neste índice.

Durante a entrega, Ramón Leivas – xerente de Garaje San Andrés, declarou: “Nos sentimos enormemente orgullosos de recibir este premio, ya que es el mayor reconocimiento a nuestro trabajo por parte de los clientes, que son nuestro jurado más exigente. Este premio les pertenece a todos los empleados de Garaje San Andrés, puesto que son ellos, quienes con su compromiso y entrega diaria, consiguen que la experiencia de nuestros clientes sea inmejorable”.

Exit mobile version