Site icon Crónica3.com A Mariña

O Efega Formación non lograron puntuar na dobre xornada desta fin de semana

O Efega Formación SD Ribadeo perdeu na terceira xornada da 3ª División fronte ao Arteal Ventanas por 0-7 nun encontro que se disputou o sábado 19 de outubro ás cinco da tarde en Ribadeo.

Así, os ribadenses caeron na casa fronte ao segundo clasificado da categoría sen que os locais pouco puideran facer contra un experimentadísimo Arteal que fixo gala das súas táboas e calidade. Se ben é certo que houbo tres encontros que puideron caer perfectamente do lado do Efega, xa que todos eles se resolveron no último set, quedando como resultado 3-4 no caso de gañar os sets de desempate. En calquera caso o Arteal mostrouse superior.

Efega Formación SD Ribadeo: Raúl Barcia, Daniel López e Diego Pérez. Dobres: Diego Pérez e Raúl Barcia.

Resultados: 2-3, 0-3, 0-3, dobres 2-3, 0-3, 2-3, 1-3. Resultado definitivo: 0-7.

Anorthosis Vimianzo 4 – 3 Efega Formación SD RIBADEO
Pero, moito máis dolorosa foi a derrota a domicilio contra o Anorthosis Vimianzo no partido disputado o domingo 20 en Zas, despois de ser aprazado. Os locais gañaron por 4-3 nun mal día de Javier contra un rival asequible que deu ao traste cunha vitoria que parecía máis que factible para o conxunto ribadense nun partido no que 4 dos 7 encontros se resolveron no quinto set. Moi axustado. Unha pena.

Efega Formación SD Ribadeo: Diego Pérez, Raúl Barcia e Javier de Burgos. Dobres: Diego Pérez e Raúl Barcia.

Resultados: 1-3, 1-3, 3-2, dobres 3-2, 3-2, 3-2, 1-3. Resultado definitivo: 4-3.

Exit mobile version