Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno local oculta ao PP a relación de gastos e ingresos nas que incorreu o Concello do Valadouro durante a Festa da Troita

O Valadouro, 30 de outubro de 2013.- O Goberno local oculta ao Partido Popular a relación de gastos e ingresos nos que incorreu o Concello do Valadouro coa organización da Festa da Troita. Os populares solicitaron este balance económico por escrito e, pese a terse superado o prazo máximo que a lei establece para dar resposta a esta petición, non obtiveron do Concello os datos solicitados.

O Grupo Municipal Popular pregúntase cales son os motivos que levan ao Concello a negarse a dar conta destes datos que permitirán coñecer con exactitude o destino dos cartos ingresados e os pagos efectuados cos cartos dos veciños do Valadouro.

Os populares formularon esta petición ante as sospeitas que levantou o feito de que, a pesar de cobrar 4 euros por cada ración á venda na carpa instalada polo concello co gallo da celebración da festa, o rexistro municipal reflicte facturas que superan 4.000 euros atribuídas a gastos consecuencia da organización desta festa.

Desde o Grupo Municipal Popular reclaman ao goberno local maior transparencia sobre todo cando se trata de dar conta do uso e destino de fondos públicos que contribúen a sufragar os veciños cos seus impostos.

Exit mobile version