Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Socialista de Foz presenta unha moción instando á Xunta e ao Goberno Local a cofinanciar os viaxes dos estudantes universitarios do concello

En vista de que no actual contexto de crise moitos estudantes universitarios están tendo graves dificultades económicas para iniciar ou continuar os seus estudios, e, máis se cabe, tendo en conta o endurecemento dos requisitos académicos para acceder ás becas do Ministerio de Educación imposto por José Ignacio Wert, que xerou numerosas protestas, tanto no ámbito educativo coma por parte de varias Comunidades Autónomas, entre elas, Castela León e Extremadura, ambas gobernadas polo Partido Popular.

Dende o Grupo Municipal Socialista focense pretendemos que, tomando exemplo de iniciativas postas en marcha noutros concellos, coma o veciño de Viveiro, dende o Concello de Foz se colabore no financiamento dos viaxes que os estudantes universitarios realizan ás cidades onde cursan os seus estudos, e que, así mesmo, se estableza un servizo especial de autobús sen paradas dirixido aos mesmos.

Por iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Foz presenta unha moción dirixida a instar á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e ao Goberno Local para que colaboren no financiamento e na posta en funcionamento en Foz dun sistema de bonobús dirixido aos estudantes universitarios do noso municipio a partir de certo umbral de renda familiar, a través do cal se subvencione o 50 por cento do custo dos viaxes que estes realizan ás cidades onde cursan os seus estudos; e dirixida tamén a instar, así mesmo, á Xunta de Galicia para que, xunto co concello de Foz, colaboren no establecemento dun servizo especial de autobús sen paradas dirixido aos estudantes universitarios do noso municipio.

Exit mobile version