Site icon Crónica3.com A Mariña

O MAGRAMA investirá máis de 650 mil euros en actuacións de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos da provincia

Lugo, 29 de outubro de 2013.- A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependinte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), executará actuacións de restauración hidrolóxico-forestal en varios tramos fluviais da provincia de Lugo, nas que invertirá 653.696,43 euros.

Estas actuacións foron presentadas polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín. Ao acto, celebrado na Subdelegación do Goberno en Lugo, asistiron tamén o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e outras autoridades.

As actuacións proxectadas pretenden compatibilizar a garantía de desagüe dos cauces fluviais fronte a avenidas ordinarias, en episodios de intensas chuvias, co mantemento dos valores ambientais existentes nos tramos a actuar.

Para a elección dos tramos susceptibles de actuación, partiuse da extensión da conca hidrográfica, 18.000 quilómetros cadrados, e utilizáronse criterios técnicos de priorización sobre os tramos fluviais con máis afección comprobada e avalada polas inspeccións da guardería fluvial, ou a partir das peticións formuladas polos propios Concellos.

Previamente realizouse unha inspección das zonas a actuar, partindo da comprobación de se o tramo en cuestión ten algún réxime de protección ambiental, da proximidade de núcleos de poboación ou vivendas ailladas ou da cercanía de infraestructuras viarias que, de producirse incidencias graves, poderían illar a poboacións limítrofes. Para completar estas valoracións estudiáronse a tipoloxía e complexidade das actuacións a realizar, sen obviar o coste económico de cada intervención, todo elo para poder constatar a urxencia manifesta destes traballos.

O resultado deste traballo previo conclúe cunha programación clara das actuacións a realizar nos cauces fluviais máis problemáticos. Estas consistirán, fundamentalmente, en desbroces selectivos con eliminación de vexetación alóctona e regularización morfolóxica do cauce e coa retirada de elementos obstructivos, o que permitirá o aumento da resiliencia do río fronte a perturbacións naturais e antrópicas e á mellora da conectividade transversal e lonxitudinal das masas de auga.

Por outra parte, realizarase un aumento da sección de desagüe e recuperación de ribeiras mediante técnicas de bioenxeñería, utilizando biorrollos de malla de coco e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais e arbóreas autóctonas para tratar de evitar ou minimizar os impactos de fortes crecidas e inundacións.

“Intentaremos mellorar as zonas de risco; pero, sobre todo, queremos garantir a seguridade para as poboacións e actividades económicas que poden verse afectadas polas alteracións hidromorfolóxicas dos nosos ríos”, indicou Samuel Juárez, delegado do Goberno en Galicia.

“Tivemos que realizar unha valoración exhaustiva antes de programar as actuacións; xa que o noso principal obxectivo é actuar nas zonas cunha problemática máis definida, co ánimo de minimizar e evitar os danos en momentos de intensas chuvias. En períodos de restriccións económicas, debemos de fixar unhas prioridades” concluíu Marín, presidente da CHMS.

Exit mobile version