Site icon Crónica3.com A Mariña

O ‘Outono de Teatro en Alfoz’ deste ano celebrarase en catro sábados de novembro

Un ano máis vaise celebrar o Outono de Teatro en Alfoz, nesta ocasión coincidindo co mes de novembro. Catro obras serán as representadas en diversos sábados do mes, sempre ás 20 horas e sempre no Salón de Actos da Casa da Cultura do concello. As representacións programadas son as seguintes:

Sábado, 2 de novembro de 2013. 20 horas.

GRUPO: “Adala”, de Fazouro.

OBRA: “Sen seu amor”.

AUTOR: Francisco Piñeiro.

ARGUMENTO: Unha obra que nos conta en termos cómico-dramáticos a historia de Emérita e Nicanor, ocorrida en Foz entre os días 17 e 18 de setembro do ano 1920. Unha historia romántica baseada en feitos reais.

Sábado, 9 de novembro de 2013. 20 horas.

GRUPO: “Aspanane”, de Viveiro.

OBRA: “Y ahora ¿con quién me caso yo?

AUTORA: Carmen Varela Vázquez.

ARGUMENTO: Unha princesa busca o seu príncipe azul para casar con el. O seu castelo recibe a visita dunha chea de pretendentes que queren casar con ela. Ela vainos rexeitando un por un, ata que por fin atopa o príncipe dos seus soños e casa con el.

Sábado, 23 de novembro de 2013. 20 horas.

GRUPO: “O Batán”, de Cangas.

OBRA: “Cambadelas”.

AUTOR: Francisco Piñeiro”.

ARGUMENTO: “Cambadelas” é unha comedia que se desenrola nun só acto e na cal se reflexa a crúa realidade dos sacrificios que teñen que pasar os pais para soportar as cargas a que son sometidos ó longo da súa existencia, provocados polo tren de vida tan acelerado no que montan os seus fillos.

Sábado, 30 de novembro de 2013. 20 horas.

GRUPO: “Raiolas”, de Alfoz.

OBRA: “Ruídos na casa”.

AUTORES: A. Marriot e A. Foot.

ARGUMENTO: Unha casa que se debe vender. Moita xente que chega a ela con diversos propósitos ocultos. Unha noite de entradas e saídas continuas. Enredos amorosos por todas partes. Unha comedia complicada e divertida.

Exit mobile version