Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés pídelle ós grupos da oposición que rexeiten públicamente a postura de Besteiro ante a saída do Torques do Museo Provincial

Burela, a 26 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Burela manifestou este sábado, a través do seu portavoz, José Luis Lois Losada, que “resulta lamentable e triste a postura de silencio e de pasotismo adoptada polo Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro ante a saída do Torques de Burela do Museo Provincial, porque en ningún momento se sentiu implicado na defensa do patrimonio cultural da provincia”.

Lois Losada considera “unha afrenta, e un exemplo de vagancia, perder seis anos para chegar a un acordo coa familia Gil Varela. Agora non cabe lamentarse nin decir que todo vai para Madrid, como dixo Antonio Veiga. Cando houbo que negociar con rigor e seriedade non se fixo, e agora todo son balóns fóra”.

O portavoz da agrupación popular burelesa pediulles ós grupos da oposición municipal que “rexeiten públicamente o comportamento de Gómez Besteiro ante a saída do Torques de Burela do Museo Provincial”. Según Lois Losada, “o PP apoia desde a primeira hasta a derradeira verba pronunciada onte polo alcalde, José María González Barcia. Non lle pedimos á oposición que faiga o mesmo: o que lle pedimos á oposición é que se comprometan na defensa da presencia do Torques no Museo Provincial, e para eso non cabe outra que censurar a postura do presidente da Deputación hasta o momento e esixirlle que personalmente, de unha vez por todas, a partires de agora asuma o papel que lle corresponde como presidente de todas as veciñas e veciños desta provincia”.

Para José Luis Lois Losada, “a defensa do patrimonio cultural, e o Torques forma parte do noso patrimonio, da nosa historia e das nosas raíces, será máis forte se todos xuntos nos comprometemos na mesma. Polo tanto, desde o PP agardamos que se deixe de lado o papel de culturetas que algúns practican, con bastante desatino, por certo, e que se pase directamente ó papel de defensa da cultura e do noso patrimonio”.

O Partido Popular de Burela, finalizou Lois Losada, apoiará todas as medidas que se adopten desde a dirección local e a provincial para reivindicar e traballar que a colección Gil Varela, e con ela o Torques de Burela, volvan ó seu sitio, ou sexa, volvan ó Museo Provincial de Lugo.

Exit mobile version