Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo reúne a preto de 3.000 persoas na súa tradicional pulpada

Lugo, 19 de outubro de 2013.- O Partido Popular de Lugo celebrou este sábado a súa tradicional pulpada. Un acto que reuniu a preto de 3000 persoas e ao que asistiron os representantes políticos da provincia.

No acto estiveron presentes o presidente de Honra do PPdeG, Gerardo Fernández Albor, a ministra de Fomento, Ana Pastor e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Nun abarrotado pazo de congresos e exposicións de Lugo e ante preto de 3.000 persoas, foi o voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o encargado de abrir a quenda de intervencións.

Comezou o presidente provincial agradecendo a presenza de tódolos afiliados, militantes, edís, voceiros, alcaldes,deputados e senadores aos que instou a seguir traballando.

COMPROMISO DO GOBERNO CENTRAL E AUTONÓMICO CON LUGO
Ensalzou o presidente provincial o traballo do goberno central e autonómico, a quen calificou de executivos “comprometidos con tódolos cidadáns e de estar facendo todo o posible para levar a cabo as súas necesidades”. “Saír desta situación, deste contexto, froito, dunha herdanza dos pasados gobernos socialistas, é o noso obxectivo”- manifestou Barreiro.

Destacou Barreiro o compromiso de Núñez Feijóo coa sanidade e lembrou que foi Alberto Nüñez Feijóo quen fixo dun “cascarón” que deixou o antigo bipartito da xunta, un dos mellores hospitais.

O voceiro do PP no Senado e Presidente do PP de Lugo, destacou o compromiso da Ministra Ana Pastor coa provincia lucense; afirmou que Galicia é a segunda Comunidade con maior volume de inversión do Ministerio de Fomento no 2014, cun importe de 1.157,7 millóns de euros, o que a sitúa nun 198% por riba da media nacional, e a provincia de Lugo é a cuarta de España en inversión de Fomento en estradas, cun importe de 99,1 millóns de euros.

Definíu Barreiro a Ministra de Fomento de “comprometida con Galicia e con Lugo” e engadíu que as súas promesas veranse reflectidas a finais de ano, co remate da Autovía A-8.

PENSIÓNS
Ante as falsas alertas que están a proclamar os partidos da oposición, Barreiro lanzou unha mensaxe de tranquilidade a tódolos pensionistas, afirmando que “foi o PSOE o único partido que conxelou as pensións e é o PP, o único partido que garante a sostenibilidade do sistema de pensións”

Unha pulpada que fixo do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo un auténtico abarrotado recinto.

Exit mobile version