Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo afirma que “o único compromiso en firme para crear a residencia é o achegado pola Xunta de Galicia que reserva 500.000 euros”

Ribadeo, 26 de outubro de 2013. O Partido Popular de Ribadeo resalta que o único compromiso en firme, plasmado con cifras e datas, é o achegado pola Xunta de Galicia para colaborar na construción da residencia da terceira idade en Ribadeo.

Os populares explican que o que está “claro” e foi “ratificada” é a oferta da administración autonómica, que se contrapón “ a unha vontade da Deputación Provincial de Lugo que carece de información e concreción”.

“Non coñecemos datas, nin cifras económicas”, explican os populares que demandan, polo tanto, “un compromiso en firme, concreto e por escrito da Deputación Provincial de Lugo, ao igual que existe o da Xunta de Galicia”

“A vontade manifestada por dirixentes da Deputación Provincial de Lugo non vai máis alá de informacións sen concisión, que dado as actuacións que preceden ao BNG e ao PSOE en materia de benestar “non son suficientes para ter a seguridade de que esta infraestrutura sexa unha realidade”.

Deste xeito, o PP reproba a actitude dun rexedor local, Fernando Suárez, que antepón a venda de “intereses partidistas” á defensa da concreción de solucións que dean resposta as demandas “reais dos veciños e veciñas de Ribadeo que desexan que esta nova instalación se poda ver materializada”.

Exit mobile version