Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Riotorto propón varias estradas municipais para incluír no programa de mellora de camiños

Riotorto, 1 de outubro de 2013.- Ante a convocatoria de axuda realizada no DOG o 30 de Setembro de 2013 polo AGADER, pola que se aproba o Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, o Partido Popular de Riotorto mostrou a súa satisfacción polos 41.629,85 euros distribuídos en sendas partidas, para este ano en curso e o 2014, que destina o goberno galego para actuacións en pistas e camiños do concello de Riotorto.

Os populares realizaron unha visita polas diferentes zonas do municipio e comprobaron in situ, que existen moitas pistas municipais que necesitan ser acondicionadas, bacheadas e asfaltadas, posto que se tratan de pistas moi transitadas polos veciños.

O partido popular rexistrou no día de onte, no Concello, un escrito, onde solicitou ao goberno local que inclúa na proposta a enviar o AGADER o acondicionamento, bacheado e asfaltado de varias pistas de titularidade municipal que se atopan en mal estado.

ESTRADAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL QUE PROPÓN O PP DE RIOTORTO PARA INCLUÍR NO PROGRAMA DE MELLORA

Chacin
1. Bacheado e recebado pista desde Fonfria ata transformador

Aldurfe
1. Bacheado e recebado pista de Igrexa a Pereiro no tramo Igrexa-Fonte da Pena
2. Bacheado e recebado pista desde casa Tiburcio ata a ponte do Pereiro

Ferreiravella
1. Bacheado e recebado pista desde encima casa Domnino ata Pouxaneiro(Debaixo das cuadras de Simón)
2. Bacheado e recebado pista desde carretera Deputación ata Cementerio de Ferreiravella e polo medio do pueblo.

Val
1. Bacheado e recebado pista que vai dende a casa de Loreano ata o cruce coa carretera vella da Deputación(Aldea)
2. Bacheado e recebado pista que vai dende a carretera vella da Deputación ata cruce de chacin polo medio das casas.

Santa Marta
1. Bacheado e recebado pista que vai desde casa Elias ata Espasande de Arriba por Vilar de Meilán
2. Bacheado e recebado pista desde carretera Deputación ata a Casa de Edelmiro no lugar da Taberna.

Mazo de Ferreiravella
1. Bacheado e recebado desde Puente Mazo ata casa Constantino

Santalla
1. Bacheado e recebado pista desde Curquide ata o Pozo(Pena de Couso)
2. Bacheado e recebado pista desde Casa Menor ata Carrizas( por diante casa Jaime)

Vilar de Santiago
1. Bacheado e recebado pista desde Vilar ata BidueirasMoxueira
2. Asfaltado da pista que vai dende a Moxueira ata o reemisor de TV situado no Fulgueiral

Torrentas
1. Bacheado e recebado desde cruce Eirredondo ata o Rio, por diante da casa de Hilario

Curral
1.Bacheado e recebado desde puente casa cachan ata casa porteiro

Orrea
1. Bacheado e recebado pista que vai ata Regocorto desde a N 640
2. Asfaltado pista dende Regocorto a Xardel(concentración)

Folgueirua
1. Asfaltado de pista que vai dende a carretera Deputación ata Capela de Folgueirua pasando por diante Casa Marcial e tamen por diante da Casa de Armando.

Lourido
1.Bacheado e recebado da pista que vai dende a carretera Deputación por diante da casa de Lucas e tamen dende a carretera Deputación ata Casa Ramón de Lourido

Galegos
1. Asfaltado e bacheado desde capilla hasta casa de miguin(Fondo do pueblo)
2. Bacheado e recebado desde carretera Deputacion ata casa de Jose de Inocencio

Exit mobile version