Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pregunta ao equipo de goberno polas actuacións realizadas sobre unha fonte e canle pública ademais dunha canalización por camiños públicos

OLYMPUS DIGITAL CAMERAAntonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza ao Alcalde da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter a correspondente resposta, ben oral ou escrita.

Na parroquia de Valcarría no lugar de Rego de Medios, entre a estrada de Fontecova a San Roque e a do Xuncal á altura da finca 63 do polígono 14 existía unha fonte e un regato os cuales foron alterados realizándose unha captación e unha canalización ao longo de todo un camiño público que transcorre dende o citado manantial ata o Xuncal pasando por Porto do Río.

Non só se actuou sobre unha fonte e unha canle pública; senón que se realizou unha canalización por unha serie de camiños públicos alterándoos e deixándoos intransitables; polo que hai unha grave responsabilidade por quen ou quenes realizaron estas obras. Grave responsabilidade dado que a súa actuación fai intransitable estes accesos utilizados tanto para a extracción de madeira como para o servizo agrícola e gandeiro.

Por outra parte, a colocación da canalización pola marxe dereita do camiño, provoca o descalzamento dos muros de peche existentes así coma a interrupción das augas que discorren polo mesmo. Tamén a canalización que discorre pola cuneta da pista alteraron a mesma deixando depósitos de material que interrompen e anulan a función propia das cunetas; ademais de cegar un manantial centenario que abastece a fonte e lavadoiro de Porto do Río, un patrimonio único de arquitectura popular.

Por este motivo realizamos ao Sr. Alcalde as seguintes preguntas:
1. Ten constancia o Sr. Alcalde ou o seu equipo de goberno da realización destas obras de manipulación dun manantial público en Rego de Medios na parroquia de Valcarría?
2. Solicitou algunha persona ou entidade autorización para a realización destas actuacións?
3. Solicitou alguna persoa ou entidade autorización ou concesión para a ocupación dun vial público como é o camino de Fontecova a Riguilla e Porto do Río?
4. Ten constancia o Concello de algunha autorización de Augas de Galicia que permita o aproveitamento deste manantial ou da auga do Rego de Medios?
5. No suposto de non existir ningún tipo de autorización, que medidas pensa adoptar o Sr. Alcalde para o restablecemento da legalidade?

Exit mobile version