Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP do Valadouro destaca que “a Xunta achega máis de 57.000 euros á mellora de camiños municipais para satisfacer a calidade de vida dos veciños do rural”

O Valadouro, 1 de outubro de 2013.- O Partido Popular de O Valadouro a través do seu presidente, José Manuel Lamela, agradeceu este martes a achega que a Xunta de Galicia vén a facer á localidade para a mellora de camiños municipais.

“Trátase dunha aportación que ascende aos 57 mil euros, que a administración autonómica, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, colabora co concello para a adecuación de viais que permitirán mellorar a calidade de vida dos veciños do rural”- explicou o popular.

Manifestou Lamela, que en concreto, o concello de O Valadouro recibirá da Xunta de Galicia para mellora de camiños 57.383,14 euros para este ano en curso e o 2014, o que significa “ o compromiso do executivo galego con este concello de A Mariña”.

O popular aseverou que a adecuación de camiños no rural é unha das principais reclamacións dos cidadáns, ao tratarse dunha mellora que reincide directamente e de forma moi positiva no día a día dos veciños de O Valadouro, especialmente naqueles que viven en núcleos máis afastados das zonas máis céntricas.

Lamela considera que esta subvención de apoio á mellora de infraestructuras rurais do concello contribuirá a optimizar os accesos e as comunicacións a través da rede viaria de titularidade municipal e, polo tanto, contribuirá á fixación da poboación no rural e á diversificación económica.

Exit mobile version