Conscientes da necesidade desta infraestrutura que forma parte dun compromiso electoral do PP local; os populares puxéronse esta mañá en contacto co equipo de goberno do Concello de Mondoñedo para trasladarlle a urxencia de que remita á administración autonómica a documentación solicitada.
Os populares explican que a delegación territorial da Xunta remitiu ao Concello un requirimento a principios de agosto sobre o que non obtiveron resposta dende a administración local. Así o PP unha vez logrado o compromiso dese investimento, non pode permitir que se poña en perigo por mor da inactividade do equipo de goberno; trasladándolle esta mesma preocupación aos dirixentes municipais.
Demanda deste acometido
A dotación dunha pista cuberta no colexio Álvaro Cunqueiro Mora, da que se virían beneficiados máis de 206 alumnos; parte da demanda do equipo directivo e docente do centro educativo así como da ANPA.
O docente, Ramón García Geada; así como a membro do equipo directivo, Teresa Freire, son integrantes do Grupo Municipal do Partido Popular e manifestaron en reiteradas ocasións a súa implicación para que esta infraestrutura fose unha realidade, converténdose nun compromiso electoral asumido polo PP.
Tras estas reivindicacións e conscientes desta necesidade, os populares atoparon unha solución para que a Xunta de Galicia iniciara os trámites para terminar a pista cuberta do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora; unha consecución que non tivo exenta de problemas. Feito polo que agora, os populares lamentan que se poña en perigo esta inversión comprometida.
Así,os populares agradecen o interese demostrado pola Xunta de Galicia ás propostas que se lle transmiten e pide a maior axilidade posible ao concello á hora de contestar ao requirimento que lle remitiu a administración autonómica.