Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG de Burela denuncia “a modificación de crédito dos presupostos que afectou ós cartos consignados nos presupostos para a construción da gardería”

Dende o PSdG-PSOE de Burela, e ó fío da situación económica do Concello de Burela e o afán de mentir e enganar ós veciños e veciñas de Burela do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, temos que informar ós veciños e veciñas de Burela do descontrol das contas do Concello. Dicimos isto porque como ben sendo xa habitual en cada Pleno Ordinario nos atopamos con algunha sorpresa no eido económico do noso Concello e a última parécenos moi grave, xa que detectamos claramente as mentiras ou medias verdades que o Sr. Barcia lles está a contar os veciños e veciñas.

Xa víñamos denunciando estas situacións en anteriores Plenos, onde aparecían facturas que non se recoñecían por parte do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. Neste senso, nos últimos Plenos Municipais descubríranse facturas por valor de 90.000 euros (15.000.000 das antigas pesetas). Pois ben, no Pleno Ordinario celebrado este pasado xoves apareceu outra factura da empresa Celta Prix por un valor de 116.200 euros (máis de 19.000.000 millóns das antigas pesetas), que obrigaron a facer unha modificación de crédito dos presupostos que afectou ós cartos consignados nos presupostos para a construción da gardería que tanto anunciou o Sr. Barcia nos medios como grande éxito (éxito que nós non vemos por ningún lado, pero xa falaremos disto noutra ocasión).

O Sr. Barcia e o seu equipo de “desgoberno” está a mentirlles ós veciños e veciñas de Burela en temas da importancia da gardería infantil, e mentres por un lado anuncia a construción da gardería, por outro quita dos presupostos os cartos que a Xunta de Galicia lles obriga a consignar para esta obra.

Dende o PSdeG-PSOE entendemos que este equipo de “desgoberno” perdeu totalmente o norte, e tal é o despropósito da súa xestión, que vemos difícil que poidan chegar a rematar a lexislatura xa que os enfrontamentos entre os propios membros do equipo de “desgoberno” cada día que pasa son máis palpables.

Exit mobile version