Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares destacan que o PSOE se nega no Senado a transaccionar unha moción relativa á tributaciónoción dos emigrantes retornados

Na sesión plenaria do Senado deste mércores debateuse unha moción consecuencia de interpelación, para a adopción de determinadas medidas en relación coa reclamación de débedas tributarias ao colectivo de pensionistas emigrantes retornados, que o PSOE se negou a transaccionar.

O Grupo Parlamentario Popular (GPP) no Senado, e particularmente os senadores galegos, alertaron sobre a estratexia dos socialistas para “enfrontar, uhna vez máis, á sociedade galega”.

Para os senadores galegos, “no ha sido posible consensuar una propuesta para que -como ya se hizo en el Parlamento gallego- se pudiesen presentar al Gobierno, por unanimidad de la Cámara, una serie de aportaciones que favoreciesen la mejor aplicación de la norma”.

Esta situación demostra, unha vez máis, que o PSOE se negara taxativamente a negociar co PP. “Los socialistas quieren alzarse en adalid justiciero exclusivo, manipulando y exacerbando falsos ataques de la agencia tributaria contra las pensiones”, sinalaron os populares galegos.

A emenda de substitución plantexada polos populares baséase na moción aprobada no Parlamento galego, tras intensas negociacións co Ministerio de Hacienda, cun dobre obxectivo: cumprir coa normativa vixente que obriga a todos os españois e facilitar ese cumprimento aos pensionistas retornados.

O texto alternativo que propoñían os populares na moción pola que se insta ao Goberno á adopción de determinadas medidas en relación coa reclamación de débedas tributarias ao colectivo de pensionistas emigrantes retornados, recolle catro puntos:

• A necesidade de impulsar ao máximo a información e asistencia ao contribuínte que xa está levando a cabo a Axencia Tributaria desde setembro do ano pasado.
• Fomentar a participación dos colectivos de afectados nas campañas de información, de maneira que se permita un coñecemento inmediato das súas inquietudes e dificultades.
• No é posible a exclusión xeral do réxime de infraccións e sancións previsto na normativa tributaria, xa que o noso ordenamento xurídico contempla como esencial o exame concreto, individual e particular da situación tributaria de cada contribuínte para que os órganos competentes procedan á aplicación deste réxime.
• Propón extremar o celo e o coidado na resolución das solicitudes de aprazamento e fraccionamento de pago que presenten cada un dos contribuíntes para que poidan facer fronte ás súas obrigas tributarias coas maiores facilidades e a máxima flexibilidade que permita a normativa vixente.

DEPLORABLE ACTITUDE DOS SOCIALISTAS
Debido á rotunda negativa do PSOE a consensuar unha proposta, o Grupo Parlamentario Popular comprométese a continuar traballando na liña da proposta non aceptada polos socialistas e reafirma o seu contacto permanente co colectivo de afectados.

O portavoz de Seguridade Social, José Blas, viuse defraudado polo talante da senadora socialista Paula Fernández. “Sólo ha buscado el enfrentamiento con los senadores gallegos del PP y su afán de protagonismo, como únicas bazas en su debate, olvidándose del resto de los emigrantes españoles, como los andaluces, extremeños o asturianos”, suliñou o senador gaditano. E engade, “deberían hacer una oposición más constructiva y práctica para encontrar soluciones a los problemas de los ciudadanos”.

Para finalizar, José Blas lamentou “profundamente a deplorable actitude dos socialistas, a súa insistente falta de visión de Estado que segue a estela do goberno de Zapatero e o empeño de maneira irresponsable na procura da confrontación, fuxindo da procura de solucións, que é ao que en definitiva aspiran os cidadáns e que o PP está empeñado en conseguir”.

Exit mobile version