Site icon Crónica3.com A Mariña

O Sagrado Corazón no Parlamento galego

ribadeo-parlamentoProfesores e alumnos do colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo visitaron este luns Santiago de Compostela. Na capital aproveitaron para visitar o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo secretario da Cámara galega, José Manuel Balseiro e polo tamén deputado mariñán do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra. Ademais de coñecer as instalacións puideron visitar o Salón de Plenos e sentarse nos distintos escanos que ocupados polas e polos parlamentarios, serven de sede do órgano que aproba as leis e realiza as funcións de control e impulso ao Goberno galego. Nesta viaxe, tamén tiveron a oportunidade de visitar a Catedral de Santiago.

Exit mobile version