Site icon Crónica3.com A Mariña

O Tesón apoia a protesta polos cortes da luz

A AVV O Tesón manifesta a solidaridade coa protesta organizada por ACISA ante os contínuos cortes de luz en Ribadeo. A asociación propón ós seus asociados unirse ó próximo luns 28 de outubro ás oito da noite na praza do mercado para que todo Ribadeo chame a atención de xeito solidario contra os cortes de luz e o sistema que os permite de xeito impune ó tempo que facilita a suba do recibo de electricidade e ningunea ós usuarios. “Cremos que a unión nunha protesta así é fundamental para que nos faigan caso e conseguir o obxectivo dun servizo de calidade, como Ribadeo merece”, explican.

Exit mobile version