O Ximnasio Breogán, situado na rúa Álvaro Cunqueiro, número 1, contribúe á preparación dos equipos de Primeira División LNFS e RFEF do Burela FS cedendo o uso de toda a súa infraestrutura tanto en pretempada coma ao longo de toda a competición ligueira, cunhas instalacións de máis de 200 metros cadrados. O establecemento deportivo dispón dunha ampla oferta de servizos, entre os que destacan actividades con aeróbic, step, batuka, bailes de salón, danza oriental, sauna, kick boxing, musculación e cardio.
Máis información en www.ximnasiobreogan.com.