O rexedor explicou que “os interesados en obter máis información e en inscribirse poden dirixirse directamente ao ximnasio. Alí atoparán condicións económicas especiais os veciños e as veciñas de Barreiros e tamén tarifas reducidas para os estudantes, os parados e persoas con minusvalías”.
O ximnasio de Barreiros está dotada de diversos aparatos para a práctica de deporte e conta tamén con duchas e vestiarios. Da súa xestión encárgase a empresa IG10.