Site icon Crónica3.com A Mariña

Olano informa a Candia que a solución das escorrentías en Mondoñedo aparece garantida nos orzamentos para 2014

2 de outubro de 2013.- Logo de que Elena Candia transmitise, dende un primeiro momento, a súa preocupación por mor das escorrentías que sufrían os veciños de diferentes zonas de Mondoñedo, ocasionadas pola unión entre choivas e obras da A-8, a popular mostrou hoxe a súa satisfacción, logo de que o deputado nacional, Jaime de Olano, lle transmitise que a solución para por fin as escorrentías aparece garantida nos orzamentos para 2014.

Explicou Jaime De Olano a Elena Candia que nos orzamentos xerais do estado contémplanse partidas orzamentarias para liquidar os contratos das obras da Autovía A-8 entre Careira e Mondoñedo; algo que está previsto por en servizo a finais do 2013, onde se reflicte o compromiso expreso da Ministra de Fomento, Ana Pastor, e tamén unhas partidas para solventar os problemas das escorrentías.

“Partidas para cumprir co compromiso da finalización das obras galegas, de rematar os dous tramos que faltan, para os que hai orzamentados 18 millóns de euros, e para a execución do proxecto complementario para solventar os problemas de escorrentías frecuentes na zona”- informou Olano.

Elena Candia agradeceu o compromiso do goberno de España, concretamente ao Ministerio de Fomento, que recolla unha partida orzamentaria, para combater este problema que ocasionaba importantes danos no día a día dos veciños das parroquias polas que discorre a autovía.

“A solución deste problema queda garantida nos orzamentos”- manifestou Candia, quen dende sempre mostrou a sús preocupación ao ver como aos veciños de distintas parroquias mindonienses, se lle inundaban as súas casas e colleitas en días de choiva debido as obras e trastornos ocasionados polas obras da A8 ao seu paso por este concello.

OUTRAS OBRAS EN MARIÑA
O popular cualificou os orzamentos de comprometidos con Galicia, Lugo e A Mariña e salientou que Galicia é a segunda Comunidade con maior volume de inversión do Ministerio de Fomento no 2014, cun importe de 1.157,7 millóns de euros, o que a sitúa nun 198% por riba da media nacional, e a provincia de Lugo é a cuarta de España en inversión de Fomento en estradas, cun importe de 99,1 millóns de euros.

Ademais da A-8, mencionada anteriormente, Jaime de Olano, destacou os 100 mil euros para a licitación do proxecto e do tramo entre Barreiros e Foz. Dixo o deputado nacional que isto supón o primeiro paso para que se faga efectiva esta infraestrutura para os veciños de a mariña.

CONSERVACIÓN DE ESTRADAS
Jaime De Olano explicou a Candia que ademais dunhas obras menores, orzamentáronse 1,2 millóns de euros para a valización, sinalización e construción dunha rotonda en A Pontenova.

Asemade tamén resaltou o popular que o Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, destina 300 mil euros para actuacións na recuperación do litoral e dotación de servizos na costa de Lugo.

Logo dun repaso aos orzamentos ámbolos dous populares manifestaron que o goberno de Mariano Rajoy non da as costas a mariña lucense e cualificaron os orzamentos para 2014 de realistas, rigorosos e da senda da recuperación económica.

Exit mobile version