Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Axóuxeres en Viveiro

Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os menores de 6 anos. De setembro a decembro percorrerán 24 localidades galegas pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, cun espectáculo cheo de historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos, desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro. Este domingo 13 de outubro a partir das 18.30 horas terá lugar un Encontro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. Os interesados en participar poden reservar a entrada no teléfono 610 641 570.

Exit mobile version