Site icon Crónica3.com A Mariña

Os colexios de Burela recollen tapóns para colaborar co Banco de Tapóns do Baixo Miño

251013 Foto Gaia 1A Concellería de Medio Ambiente de Burela puxo en marcha a campaña Recollida de tapas de plástico, consistente na reciclaxe de tapóns e tapas de plástico por parte do alumnado, co obxectivo de colaborar con distintas asociacións dos bancos de tapóns de Galicia, concretamente irán destinados ao banco de tapóns do Baixo Miño.

Segundo explican desde Medio Ambiente “banco de tapóns é un proxecto solidario creado co único fin de axudar no máximo posible a nenos/as que o necesiten. Este proxecto, nacido a partir dunha iniciativa cidadá,consiste na reciclaxe, clasificación, empaquetado e posterior envio dos tapóns a unha empresa recicladora que os compra e entrega o diñeiro directamente ás familias que teñen algún fillo cunha enfermidade ou outro tipo de problema, ao que non lle poden facer fronte económicamente”.

As monitoras do Centro Gaia foron as encargadas de presentar este xoves esta iniciativa que tivo moi boa acollida por parte do alumando do CEIP Virxe do Carme e este venres no CEIP Vista Alegre. Deste xeito, o alumnado dos Ceips, ten información detallada de por qué e para qué se recollen as tapas, qué tipos de tapas se poden reciclar… As monitoras encargaránse de todo o procedemento necesario para levar a cabo ésta iniciativa: colocaron os colectores en cada centro (onde o alumnado e profesorado achegarán as tapas recuperadas nos seus fogares), baleirarán os mesmos e facerán un seguimento da actividade. Desde a Concellería de Medio Ambiente subliñan que “neste proxecto podemos colaborar todos, cada día temos que se máis”.

Exit mobile version