Site icon Crónica3.com A Mariña

Os establecementos do Casco Histórico de Viveiro achegan ao público os produtos pesqueiros da zona coas xornadas gastronómicas ‘Acerca2 ó Mar’

Nos vindeiros días 11,12 e 13 de outubro terán lugar na hostalería do casco histórico de Viveiro unhas xornadas gastronómicas un tanto peculiares.

Baixo o nome de ACERCA2 Ó MAR e promovidas pola asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro, Aspanane e Iniciativa PRATO_DO , a idea é realizar unha clara aposta por ter unha achega máis ó medio mariño que tan importante é para Viveiro, á vez que os locais de restauración do Casco Histórico se podan ver beneficiados da organización dunhas xornadas que reactiven a economía local aínda que só sexa por uns días.

Trátase de dar a coñecer dun xeito distinto produtos pesqueiros típicos da nosa zona, collidos na pesca de cerco e de baixura, mediante a realización destas xornadas gastronómicas.

Acercar estes produtos ó consumidor e ensalzar a súa calidade e o seu sabor, amosando novos xeitos de preparalos. Poñer en valor produtos tradicionais, moi introducidos na nosa gastronomía pero ás veces pouco valorados, e abrindo novas formas de preparalos para fomentar un maior consumo entre a poboación da zona. Todo elo có compromiso de adquirir os produtos ós pescadores e produtores da zona.

PRATO_DO centra a súa actividade de TAPERÍA RESPONSABLE ITINERANTE no deseño de tapas segundo produtos naturais ou ecolóxicos, de tempada e de cada un dos lugares que visita, para a partir de aí conferir a cada tapa un nome sobre unha temática en concreto e asignarlle un icono nutricional que mostre a propiedade nutricional máis característica da tapa.

Por tanto estaremos a falar de tapas como o angazo, a galleta ou de aparellos propios do marisqueo a pé como son o sacho, o angazo ou a rasqueta ata técnicas mariñeiras como o palangre de fondo, de superficie ou mesmo o palangrillo. A intención é xerar unha comunicación arredor do mar entre a clientela que se achegue a probar as tapas. Á vez que recordan ou aprenden algún aparello de mar ou manobra mariñeira poderán recoñecer unha certa característica nutricional que teña o peixe usado na tapa en cuestión.

ASPANANE encargarase de deseñar e fabricar os recipientes de cerámica onde se servirán estes manxares, e poñer de relevo un arte tan tradicional como a cerámica e o barro. Así mesmo, o sábado 12 de outubro e o 1 e 2 de novembro instalaranse na Praza da Fontenova para amosar e por á venda os seus traballos.

As xornadas terán a súa continuación na fin de semana do 01,02 e 03 de novembro coincidindo coa ponte de defuntos que habitualmente xa serve de reclamo para visitantes e que nesta ocasión poderán ter un entretenemento máis.

Nesta primeira xornada particiaparán un total de 11 locais onde se poderán degustar as seguintes tapas:
1- Chincho en tempura con maionesa picante no Restaurante O Muro
2- Cachopo de merluza en salsa de marisco
3- Cebiche de pescadilla
4- Polbo á vinagreta
5- Caldeirada de polbo
6- Rape con fabas de lourenzá no Bar Resturante Normandy
7- Xurelo en escabeche
8- Brandada de pescadilla
9- Pastelón de algas, wakame e mexilons no Copas Bar.
10- Niguri de xurelo á galega
11- Pescadilla en escabeche dominicano con puré de pataca no Bar Delicias de Galicia.

Exit mobile version