Site icon Crónica3.com A Mariña

Os pavillóns Vista Alegre e Os Castros acaban de ser pintados pol@s alumn@s do obradoiro de pintura

pavillon-oscastrosBurela, 17 de outubro de 2013. O Concello acaba de realizar tarefas de pintado nos pavillóns Vista Alegre e Os Castros, segundo acaba de informar o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

Os traballos foron supervisados esta mañá polo alcalde, José Mª González Barcia, e polos edís de Obras e Deportes. Fernández Valle explicou que “no caso do pavillón Vista Alegre o que fixemos foi pintar dúas paredes do seu interior, que se atopaban moi deterioradas pola colocación de carteis publicitarios e polo paso do tempo. E polo que se refire ao pavillón dos Castros, este foi construído hai anos con bloque gris e o que buscamos con esta actuación foi darlle máis luminosidade, máis alegría, queremos que sexa un lugar máis acolledor para todos os nenos e nenas que o utilizan”.

Beatriz Piñeiro sinalou que “se trata dunha actuación que se facía moi necesaria tanto nun pavillón coma no outro”.

O edil popular engadiu que “os traballos nos dos pavillóns foron realizados polos alumnos do obradoiro de pintura nas horas destinadas a prácticas no exterior. En breve acometerán outras tarefas que permitirán mellorar a imaxe doutras instalacións”.

Exit mobile version