Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro solicitan ao equipo de goberno que inclúan determinadas pistas na proposta a enviar ao AGADER con motivo da convocatoria de axudas para a mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014

O concelleiro do PP en Viveiro, Celestino García Paz, solicita o acondicionamento de varias pistas municipais na proposta a enviar ao AGADER con motivo da convocatoria de axuda realizada no DOG o 30 de setembro de 2013 polo AGADER, pola que se aproba o Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O edil popular explica que “o Goberno Galego adxudicou a cantidade de 61.287,50 € para actuacións en pistas e camiños do noso concello, distribuidos en sendas partidas para este ano en curso e o 2014”.

Así, solicita que por parte do equipo de goberno municipal se inclúan na proposta a enviar ao AGADER o acondicionamento, bacheado e asfaltado dalgunhas das pistas de titularidade municipal que se atopan en mal estado.

Dende o Partido Popular de Viveiro consideran que as estradas que se deberían incluír no programa de mellora serían:

– Reparación en asfaltado das pistas do Barrio de Alvarelle, acceso ó cemiterio e Aglomerado nas Ruas do Barrio de Granxas na parroquia de Covas.

– Reparación en aglomerado das pistas entre vivendas do Barrio de Lavandeira na Parroquia de Vieiro.

– Reparación de bacheado nos Barrios de O Areal e O Rio na parroquia de Vieiro.

– Reparación en aglomerado da pista entre viviendas do Barrio da Costa, de 100 m lineales aproximadamente, que vai dende a Rúa Lavandeiras ata a estrada LU-862 na parroquia de Celeiro.

– Reparación entre vivendas da rúa /estrada dende Catro camiños ó Cemiterio, coñecida como Calvario, na parroquia de Celeiro.

– Reparación en asfaltado para a estrada, hoxe en rodadura de terra, dende o lugar de Portada, entre os Barrios de Foro e Comiños en Escourido ; dita estrada de 1.200 m lineales aproximadamente, chega ó lugar de Pardiñás , ambos da parroquia de Covas.

– Reparación de bacheado para a pista situada no Barrio das Pallaregas entre Vilar de Abaixo e a estrada de acceso a Caseria na parroquia de Covas.

– Reparación de bacheado para a estrada situada entre os lugares de Sequeiro na parroquia de Covas ata O Cristo e Cal Do Sapo na Parroquia de Vieiro

– Reparacion de bacheado para pistas dos Barrios de Chaos e Nogarido en la parroquia de Chavin.

Exit mobile version