Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas alégranse de que por fin o Concello de Cervo lles vaia a facilitar toda a documentación do Plan de Emprego Xuvenil

CERVO, 30 DE OUTUBRO. O Concello de Cervo comunicoulle este martes ós membros do Grupo Socialista que “por fin nos van aportar toda a información relativa ó proceso de selección do Plan de Emprego Xuvenil. A vindeira semana agardamos poder comprobar toda a documentación que levamos solicitando dende o primeiro día do mes de xullo”.

Pasados catro meses, os socialistas destacan que “o equipo de goberno o único que fixo foi entorpecer a nosa labor de oposición, simplemente pedimos ter coñecemento de cada un dos pasos deste proceso, pedimos que se nos presentasen uns datos ós que debemos ter acceso porque temos ese dereito. O único que se nos contestou é que toda esa información xa estaba á nosa disposición no Rexistro Xeral”.

Cansados de facer solicitudes, obter sempre a mesma resposta e crer que o Concello tiña a obriga de estar en posesión de máis datos, “solicitamos unha certificación que confirmase que todo o que tiñan estaba no rexistro. Despois desta petición, optaron por presentarnos o expediente do Plan de Emprego. Parece a priori que sí que teremos a oportunidade de acceder a máis información da presente no rexistro”.

Agardan que “non continúen vulnerando os nosos dereitos recoñecidos legalmente e poida quedar aclarada toda esta polémica que alongaron sen motivo algún”.

Exit mobile version